Ir o contido principal

Gala de presentación de propostas do I Certame de Arte Sonora

30/11/2022 - 21.00 horas

Casa do Saber (Lugo)

A sesión, de acceso libre e de balde ata completar aforo, comeza ás 21.00 horas no auditorio da Casa do Saber. Ao seu remate procederase á entrega de premios ás candidaturas galardoadas

Cartaz do I Certame de Paisaxe Sonora
Cartaz do I Certame de Paisaxe Sonora

As tres candidaturas presentadas ao I Certame de Paisaxe Sonora, unha iniciativa promovida desde o Campus de Lugo pola Área de Cultura da USC, presentarán este mércores, a partir das 21.00 horas, na Casa do Saber, as súas respectivas propostas creativas no marco dunha sesión aberta ao público e trala que o xurado dará a coñecer o seu ditame sobre as creacións gañadoras.

O xurado do I Certame de Paisaxe Sonora, que repartirá 900 euros en premios e trofeo entre os gañadores, estará formado polo coordinador deste programa, o creador de arte sonora, Arturo Vaquero; o músico e tamén creador sonoro Xoán Xil e o deseñador sonoro Marcos Maril.

O adxunto á Vicerreitoría de Organización Académica da USC, Antonio Álvarez, e a vicepresidenta da Deputación Provincial e concelleira da área de Cultura do Concello de Lugo, Tareixa Ferreiro, participarán no acto de entrega de premios trala gala do I Certame de Paisaxe Sonora, cuxas bases establecen un galardón conmemorativo do Grupo de Creación Sonora da USC (GCSUS), dotado de 350 euros, e un premio do público, que inclúe unha gratificación de 150 euros.

Asemade, os catro proxectos finalistas recibirán como agasallo un premio de 100 euros. Os autores das propostas distinguidas tamén recibirán como trofeo un colgante deseñado pola artista visual Montse Rego, quen tamén participará no evento.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2022.