Auditorio municipal Gustavo Freire
A cerimonia comezará ás 20.30 horas e as persoas interesadas en asistir poden retirar as entradas de balde o luns e o martes nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo de 10.30 a 14.00 horas

O maratón audiovisual Findecurta, un certame audiovisual impulsado desde a Oficina de Cultura do campus de Lugo da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, celebra o martes 7 de xullo, a partir das 20.30 horas, no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo, a cerimonia de votación e entrega de galardóns aos traballos audiovisuais presentados a concurso na quinta edición deste certame, no que participaron máis de 70 persoas agrupadas en sete equipos.
O público interesado en visualizar as diferentes propostas artísticas realizadas ao abeiro deste maratón audiovisual poderán retirar as entradas para a gala de xeito gratuíto na oficina de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo os días 6 e 7 de xullo, en quenda de mañá, de 10.30 a 14.00 horas.