Con actuacións, premios e moitos risos na Facultade de Ciencias da Comunicación.

O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o xoves, 21 de abril, a Gala XorCav, unha celebración que congrega o alumnado dos graos de Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago.
Como cada ano, o evento inclúe a entrega de premios en diferentes categorías (mellor frase de docente, mellor frase de alumno, maior influencer...) que se someten á votación do alumnado nas semanas previas á galas. Ademais, nesta ocasión contará con actuacións en directo, entre as que destaca a presentación do Eu chorar, chorei, froito da colaboración de Ortiga e Pili Pampín.
O acto comeza ás 20.00 horas pero as portas estarán abertas dende as 19.30 horas. Para maior información sobre o programa e as entradas, pódense consultar as redes do evento.