Ir o contido principal

Presentación do libro

Galicia. As súas Catedrais e Santiago o Maior

04.11.2021 | 19.00h

Salón Nobre

Un volume de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia da USC. 

Portada do libro
Portada do libro

O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acollerá o xoves 4 de novembro a presentación do libro 'Galicia. As súas catedrais e Santiago o Maior', de José Manuel García Iglesias, catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia da USC. 

O acto contará coa presenza do  reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez; do alcalde do Concello de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, do editor Alfonso Freire; o coordinador do grupo de investigación IACOBUS, Juan Monterroso; e do autor do volume, José Manuel García Iglesias. 

As persoas interesadas en asistir, deben dirixirse a info [at] ludica7.com (info[at]ludica7[dot]com) 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.11.2021.