Ir o contido principal

Presentación do libro

'Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista'

06.03.2023 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela

Un volume coordinado por Alba Alonso e Marta Lois profesoras da Facultade de Ciencias Políticas da USC.

'Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista'
'Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista'

O vindeiro luns 6 de marzo terá lugar ás 12.00 horas na Casa Europa a presentación do libro colectivo Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista, publicado pola editorial Tirant lo Blanch coordinado por Alba Alonso e Marta Lois profesoras da Facultade de Ciencias Políticas da USC.

Este acto de presentación do libro contará coa participación do reitor Antonio López, da ministra de Traballo e Economía Social e vicepresidenta terceira Yolanda Díaz;  do decano da Facultade de Ciencias Políticas, Ramón Bouzas Lorenzo; da catedrática de Filosofía Moral María Xosé Agra Romero; da profesora da Universidade do País Vasco, Arantxa Elizondo; e das coordinadoras Alba Alonso e Marta Lois da USC.

Trátase dunha obra pioneira na contorna estatal na que se abordan os debates e os avances máis importantes dos últimos anos sobre a introdución da perspectiva de xénero no ámbito da Ciencia Política. Realizado por destacadas expertas con gran traxectoria investigadora no mundo académico. No libro abórdanse diferentes cuestións: o debate normativo enmarcado no xurdimento da denominada cuarta ola do feminismo e a teoría democrática; o rol xogado polas institucións e políticas públicas e finalmente, se analizan tamén os actores e o comportamento político.

En definitiva, un libro útil e necesario que ofrece un espectro moi rico de cuestións para ter moi en conta, tanto na investigación, como nas aulas e tamén para a adopción de decisións políticas en favor da igualdade real e efectiva nas democracias.

Esta presentación enmárcase no programa de actividades da USC en conmemoración do 8M -Día Internacional das Mulleres.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2023.