Ir o contido principal

Exposición

Graça Morais e José Saramago: a arte de pensar 'O ano de 1993'

30.11.2022-27.01.2023

Santiago de Compostela

A Facultade de Filoloxía acolle esta mostra organizada con ocasión da conmemoración do centenario do nacemento de José Saramago (1922-2010)

A exposición poderá ser visitada na Facultade de Filoloxía ata o 27 de xaneiro
A exposición poderá ser visitada na Facultade de Filoloxía ata o 27 de xaneiro

A exposición Graça Morais e José Saramago: a arte de pensar 'O ano de 1993' inaugurouse na Facultade de Filoloxía (2º andar) o mércores día 30 de novembro ás 12.00 horas e poderá ser visitada ata o próximo día 27 de xaneiro. 

Esta mostra, organizada con ocasión da conmemoración do centenario do nacemento de José Saramago (1922-2010), aborda a amizade e o fértil encontro entre o escritor e a pintora Graça Morais (n. 1948), testemuñados polas obras expostas, por primeira vez, en reproducións de alta calidade. 

'O Ano de 1993' é un poema filosófico estruturado a partir da compilación de trinta textos alegóricos en prosa poética. O primeiro poema foi escrito en marzo de 1974, en resposta a unha tentativa fallada de revolta militar que procuraba pór fin ao réxime ditatorial portugués. A obra foi concluída e publicada en 1975, tras a Revolución dos Cravos (25 de abril de 1974).  En 1987 José Saramago desafiou a Graça Morais a concibir as ilustracións que serían publicadas na segunda edición do libro O Ano de 1993. A pintora produciu entón unha serie de dez composicións, que estabelecen un diálogo coa natureza fragmentaria do poema. Nesta exposición recordamos este encontro poético entre a palabra escrita e a imaxe, entre dúas grandes personalidades cuxas obras frutíferas teñen sempre o poder de nos desafiar.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.12.2022.