O vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, abrirá o acto académico
O venres 8 de xullo, a promoción 2018-2022 do Grao en Enxeñaría Química celebrará o seu acto de graduación. O evento desenvolverase a partir das 17.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, abrirá este acto académico, no que tamén intervirán, Carla Rosendo Santomé e José Luis Ares Sainz, en representación do alumnado; a profesora e madriña da promoción, Ana M. Soto Campos; o padriño de empresa da promoción e responsable de Excelencia Dixital para a rexión EMEA en Showa Denko Carbon Spain SA, David Serantes Díaz; alén do director do Departamento de Enxeñaría Química, o profesor Juan M. Garrido Fernández, e da directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Julia Gónzález Álvarez.