Ir o contido principal

Graduación da décima promoción do Mestrado en Enxeñaría Química e Bioprocesos

01.03.2024 | 17.30h-18.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Santi Alvite
Escola Técnica Superior de Enxeñaría. FOTO: Santi Alvite

O acto de graduación da décima promoción do Mestrado Universitario en Enxeñaría Química e Procesos desenvolverase este venres 1 de marzo a partir das 17.30 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE).

Ás 17.30 horas será a foto oficial da promoción e ás 17.45 horas a apertura oficial do acto a cargo da directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a profesora Julia González Álvarez. A continuación falarán José Luis Ares Sainz en representación do alumnado; o profesor Héctor Rodríguez Martínez, padriño da promoción e coordinador do mestrado; a xefa de I+D+i, posta en marcha e explotación en Espina y Delfín, Priscila Artiga Acuña e o director do
Departamento de Enxeñaría Química, o profesor Juan M. Garrido Fernández. Finalmente terá lugar a entrega de diplomas e ás 18.30 horas a clausura do acto a cargo da directora da ETSE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.02.2024.