Ir o contido principal

Graduación das novas promocións do Diploma Superior en Xestión de Empresas Hosteleiras e do Diploma de Gastronomía e Xestion en Cociña

03.06.2023 | 12.00h

A vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, presidirá o acto académico

Centro Superior de Hostalaría de Galicia. FOTO: CSHG
Centro Superior de Hostalaría de Galicia. FOTO: CSHG

O sábado 3 de xuño, ás 12.00 horas,  o Centro Superior de Hostalaría de Galicia acollerá o acto de graduación da novena promoción de Diploma Superior en Xestión Hostaleira e da sétima e última promoción de Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
Participará como madriña da promoción de Xestión Hostaleira, Luisa Lorenzo,  responsable do hotel Quinta da Auga, e como padriño da promoción de Gastronomía , Xosé Torres Vieira,  responsable do restaurante Pepe Vieira. 

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) é un centro de ensino universitario adscrito á USC que forma o estudantado na dirección hostaleira e a xestión en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa que acadar os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2023.