A vicedecana da Facultade María Jesús Mora Bermúdez preside o acto académico

O venres 7 de xullo, unha nova promoción dos Mestrados Propios en Odontoloxía celebrará o seu acto de graduación. A vicedecana e profesora da Facultade de Medicina e Odontoloxía, María Jesús Mora Bermúdez, presidirá este evento que arrancará ás 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, e que contará tamén coas intervencións de José María Suárez Quintanilla, presidente do Colexio de Odontólogos da Coruña, e de Ángel Luis Fernández González, director do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas.
Ademais, no acto tomarán a palabra representantes do estudantado e profesorado dos cinco mestrados implicados. Así, por parte do Mestrado de pacientes con necesidades especiais e odontopediatría, intervirán a estudante Clara Rodriguez Díaz, o director do Mestrado, Jacobo Limeres e a madriña da promoción Eliane García Mato.
O acto de graduación da nova promoción do Mestrado ENDORE contará coas intervencións de Noelia Mariño Fernández, en representación do estudantado, e do padriño da promoción e profesor da titulación, Pablo Castelo Baz.
Na despedida do estudantado do Mestrado de periodoncia intervirán o alumno Álvaro Carballo Viñas, o director da titulación Juan Blanco Carrión e o padriño da promoción, Germán Barbieri Petrelli.
E na do Mestrado de Próteses farano a estudante Alicia Santamaría González, o director da titulación, o profesor Urbano Santana, e o padriño Jose Luis Da Silva Domínguez.
Finalmente, o acto de graduación do estudantado do Mestrado e Curso de Especialización de Cirurxía e Medicina Oral contará coas intervenciósn de Yasmine Abouzhar, alumna de 3ª curso, coas dos directores do Mestrado, Andrés Blanco Carrión Abel García García, coa de Marita Guerra Caamaño, madriña do estudantado do Mestrado de Cirurxía e Medicina Oral I, e a de Juan Suárez Quintanilla, padriño do estudantado do Mestrado en Cirurxía Oral e Medicina Oral III.