Ir o contido principal

Acto académico

Graduación da novena promoción do Grao en Nutrición Humana e Dietética

17.06.2022 | 18.00h

Lugo
Salón de actos

O vicerreitor de Organización Académica, Francisco José Fraga López, será o encargado de abrir o acto académico

Facultade de Ciencias. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias. FOTO: Santi Alvite

O acto de graduación da promoción 2018-2022 do Grao en Nutrición Humana e Dietética celebrarase o venres 17 de xuño ás 18.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. 

O vicerreitor de Organización Académica, Francisco José Fraga López, será o encargado de abrir este acto académico que contará tamén coas intervencións de Laura Sas Barbeito e Gloria Reinoso Deaño, en representación do alumnado; e dos profesores Miguel Blanco Álvarez e Jesús Antonio Casabiell, en calidade de padriños da promoción. A seguir, tomarán a palabra a decana da Facultade, Asteria María Luzardo Álvarez; a presidenta do Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, María González Rodríguez; e o deputado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo, José María Arias Fernández. Finalmente, pecharán a ronda de intervencións Lara Méndez López, alcaldesa do Concello de Lugo; a secretaria da Facultade, Patricia Regal López, quen será a encargada de facer o chamamento ás tituladas e aos titulados para a entrega de diplomas e a imposición das bandas; e o vicerreitor Francisco José Fraga, que se ocupará de dar clausura ao acto académico. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2022.