Ir o contido principal

Acto académico

Graduación da oitava promoción do Grao en Farmacia e primeira promoción do Dobre Grao en Farmacia e Óptica e Optometría

29.07.2022 | 18.00h-20.00h

Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro)
Santiago de Compostela

O reitor da USC, Antonio López, abrirá o acto académico

Laboratorio da Facultade de Farmacia
Laboratorio da Facultade de Farmacia

O venres 29 de xullo, a oitava promoción do Grao en Farmacia e a primeira promoción do Dobre Grao en Farmacia e Óptica e Optometría celebrarán o seu acto de graduación. O evento desenvolverase a partir das 18.00 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro) e contará coa presenza do reitor da USC, Antonio López, que abrirá o acto académico.  Alba Mª Soutelo Soliño, presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, intervirá en representación dos colexios oficiais de farmacéuticos de Galicia nun acto no que tamén estarán presentes Manuel Barreira Fernández, vicepresidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo; Sara Catrain González, presidenta do Colexio de Farmacéuticos da Coruña; e Santiago Leyes Vence, presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense. No evento intervirán tamén Carmen Álvarez Lorenzo e Manuel Campos Toimil, madriña e padriño da promoción; e Miriam Blanco Ces e Alberto Lázara Vieitez, en representación do alumnado. Ademais, tomarán a palabra a decana da Facultade de Óptica e Optometría, Mª Jesús Giráldez Fernández e o decano da Facultade de Farmacia, Francisco Otero Espinar. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.07.2022.