Ir o contido principal

Graduacion da primeira promoción do Grao en Robótica

15/0//2023 - 18.30 horas

Lugo
Auditorio Veterinaria

O reitor Antonio López presidirá o acto académico

Clase de Robótica no Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite
Clase de Robótica no Campus de Lugo. FOTO: Santi Alvite

O reitor da USC, Antonio López, preside este sábado, a partir das 18.30 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC, o acto de graduación da primeira promoción de titulados en Robótica formados na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE).

A directora da EPSE, Rosa Romero; o concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Jorge Bustos; o deputado provincial da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, e o coordinador e profesor no grao en Robótica da USC, Roberto Iglesias, que actuará como padriño a primeira promoción de titulados, tamén intervirán nunha sesión académica na que Diego Juncal Piñeiro, acompañado de Sabela Grande Real e Sarah Fernández, darán voz ao alumnado.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.07.2023.