O vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa, abrirá o acto académico
O Salón de Graos da Facultade de Relacións Laborais acollerá o venres 1 de xullo a partir das 18.00 horas o acto de graduación da promoción 2016-2022 do Dobre Itinerario en Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos.
O evento contará coa presenza do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa, que oficiará a apertura e clausura do acto, e coas intervencións de Ainoa Penabella Casal, representante do alumnado; de María Jesús Souto Blanco, madriña da promoción; de Ana María Gude Fernández, decana da Facultade de Dereito; e Silvia Moscoso Ruibal, decana da Facultade de Relacións Laborais.