29.07.2022 | 18.00h-20.00h
O vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, abrirá o acto académico
O venres 29 de xullo, a promoción 2018-2022 do Grao en Física da USC celebrará o seu acto de graduación.
O evento desenvolverase a partir das 18.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e contará coa presenza do vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri. Intervirán tamén a profesora Elena González Ferreiro e o profesor Cibrán Santa Marina Ríos, madriña e padriño desta promoción; ademais da decana da Facultade de Física, Elena López Lago, e varias persoas en persoas en representación do estudantado do centro.