09.06.2023 | 17.00h
O reitor Antonio López abrirá o acto académico

O venres 9 de xuño, ás 17.00 horas, terá lugar o acto de graduación da promoción 2019-2023 do Grao en Criminoloxía da USC.
O evento, que se desenvolverá no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, será presidido polo reitor Antonio López e contará coas intervencións da decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernández; da vicedecana, Natalia Pérez Rivas; da madriña da promoción, a profesora María Castro; e do seu padriño, o profesor Ángel Carracedo. Daniel Naya e Laura Mespollet serán os encargados de pronunciar o discurso en representación do estudantado.