01.06.2023 | 18.00h
Desenvolverase no Salón Nobre do Colexio de Fonseca

O acto de graduación da promoción 2023 do Mestrado Universitario de Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras desenvolverase o xoves 1 de xuño ás 18.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Esta titulación ofrece unha formación especializada en goberno e xestión das administracións locais, orientada a reforzar as competencias de quen aspira a traballar nese ámbito público, de quen o lidera e xestiónano e de quen desde o sector privado ofrecen servizos de apoio aos gobernos locais.