A Facultade de Medicina e Odontoloxía celebra a cerimonia de graduación do alumnado

O xoves 13 de abril, a promoción 2017-2023 de estudos en Medicina celebra a súa graduación. Preto de 400 estudantes asistirán a este evento presidido polo reitor da USC, Antonio López, que contará tamén coa presenza do decano do centro, Julián Álvarez Escudero; dun representante da Real Academia de Medicina de Galicia; da xerente do CHUS, Eloína Núñez Masid; e do presidente do Colexio Medico da Coruña, Luciano Vidán Martínez. Pariciparán tamén a vicedecana e vicedecano da Facultade, Ángela Torres Iglesias e José Carreira Villamor; a secretaria académica Mª del Pilar Fernández Rodríguez; a madriña e o padriño da promoción, Mª Luz Couce Pico e Tomás García-Caballero Parada, alén doutros representates do profesorado como Francisco Javier Baltar Boilèv, Julio Pardo Fernández, Jesús Eirís Puñal e dúas estudantes que intervirán en nome do alumnado, Alicia Seoane e Uxía Martínez.
O acto comezará no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia ás 11.30 horas.