05.05.2023 | 17.00h
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acollerá o acto

O acto de graduación da promoción 2017-2023 do Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos desenvolverase o venres 5 de maio a partir das 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O evento contará coas intervencións da decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernández; do vicedecano da Facultade de Relacións Laborais, Mario Antonio Lado Campelo; da docente Silvia Fernández Martínez, madriña da promoción; de Cándido Sanisidro López en representación do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense; e de Cristina Díaz Bermúdez e Ana Pena Vázquez en representación das alumnas graduadas.