Ir o contido principal

Graduación da undécima promoción do Grao en Enxeñaría Química

02.06.2023 | 17.30h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

O vicerreitor de Profesorado, Ernesto Xosé González Seoane, abrirá o acto académico

Salón Nobre do Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite
Salón Nobre do Colexio de Fonseca. FOTO: Santi Alvite

O venres 2 de xuño, a promoción 2019-2023do Grao en Enxeñaría Química celebrará o seu acto de graduación. O evento desenvolverase a partir das 17.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O vicerreitor de Profesorado, Ernesto Xosé González Seoane, abrirá o acto académico, no que tamén intervirán Manuel García-Argüelles Rey e Dona Amanda Riveira Tasende en representación do estudantado; a profesora Ángeles Val del Río e o profesor Enrique Roca Bordello, madriña e padriño académicos da XI Promoción; Pedro Baptista, director de Operacións de Altri en España e padriño de Empresa da promoción: ademais de  Juan M. Garrido Fernández, director do departamento de Enxeñaría Química e Julia González Álvarez, directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.05.2023.