Ir o contido principal

Graduación da XI promoción do Grao en Bioloxía e III promoción do Dobre Grao en Química e Bioloxía

09.06.2023 | 18.00h

Restaurante Los Robles (Teo)
Santiago de Compostela

O decano da Facultade de Bioloxía, Jesús López Romalde, será o encargado de abrir o acto académico

Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite

O acto de graduación da oncena promoción do Grao en Bioloxía desenvolverase o venres 9 de xuño ás 18.00 horas no Restaurante Los Robles do concello de Teo.

Jesús López Romalde, decano da Facultade de Bioloxía, será o encargado de abrir este acto académico que contará tamén coas intervencións das madriñas e do padriño das promocións do XI Grao en Bioloxía e III do Doble Grao en Química e Bioloxía da USC, as profesoras Eva Mª Candal Suárez e Otilia Reyes Ferreira e o profesor Andrés Baselga Fraga. Nel participarán ademais o tesoureiro do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA), Fernando García Sanz e o decano da Facultade de Química, Jesús Sanmartín Matalobos.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2023.