
O acto de graduación da XII promoción do grao en Enxeñaría Química terá lugar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca este venres 14 de xuño a partir das 17.00 horas. A apertura do acto correrá a cargo do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa.
Intervirán Alicia Encina Gómez Rodríguez e Carlos Fuentes Varela en representación do estudantado; as profesoras Sonia Freire Leira e Ana M. Soto Campos, madriñas académicas da XII promoción; a responsable do Departamento de Bioenerxía e Gases Renovables, Norvento Enerxía, madriña de Empresa da XII promoción, Helena Peñas González; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Juan M. Garrido Fernández, e a directora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Julia González Álvarez.
A partir das 18.15 horas realizarase a entrega de diplomas e a partir das 18.30 horas clausurará o acto o vicerreitor.