Ir o contido principal

Acto académico

Graduación da XVI promoción do Mestrado en Enxeñaría Ambiental

17.06.2022 | 17.00h-19.00h

A directora da ETSE, Julia González Álvarez, abrirá o acto académico

Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Foto: Santi Alvite
Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Foto: Santi Alvite

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría  (ETSE) acollerá o acto de graduación décimo sexta promoción  do Mestrado en Enxeñaría Ambiental da USC. 

O acto celebrarase o día 17 de xuño de 2022 ás 17.00 horas no Salón de Actos e contará coas intervencións de Julia González Álvarez, directora da ETSE;  Sofía Gunturiz Paradela e  Pablo Santiago Espiñeira, en representación dos estudantes; Xosé Lois Otero Pérez, padriño académico da promoción;  Carme Pampín, presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA) e madriña de empresa da promoción; Alberto Sánchez Sánchez, director de Transformación e Innovación de VIAQUA; e Francisco Omil Prieto, coordinador do Mestrado Universitario en Enxeñaría Ambiental. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.06.2022.