02.05.2022 | 12.00h
Santiago de Compostela
Impartida por José Vericat Pérez-Méndez, asesor principal do Instituto Europeo da Paz (Bruxelas)

A Sala de Xuntas da Facultade de Dereito acollerá o luns, 2 de maio, ás 12.00 horas, a conferencia de clausura do curso 2021/22 do Mestrado de Estudos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela. O relatorio será pronunciado por José Vericat Pérez-Méndez, asesor principal do Instituto Europeo da Paz (Bruxelas), e que leva por título 'Da Guerra contra o Terror á Ciberseguridade'.
O evento é organizado pola coordinación do Mestrado co apoio do decanato da Fcultade de Dereito.
A asistencia é libre sen necesidade de inscrición.