Ir o contido principal

Cultura en Mazarelos

'Guerras culturais: Xenealoxía afirmativa dun concepto'

11.05.2023 | 12.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Unha conferencia de Josetxo Beriaian ao abeiro do ciclo 'Cultura en Mazarelos'

Facultade de Filosofía da USC. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía da USC. FOTO: Santi Alvite

O profesor da Universidade Pública de Navarra Josetxo Beirain imapartirá o xoves 11 de maio na Facultade de Filosofía a conferencia ''Guerras culturais: Xenealoxía afirmativa dun concepto'. A sesión, ao abeiro do ciclo 'Cultura en Mazarelos' desenvolverase a partir das 12.30 no Salón de Actos do centro con asistencia libre ata completar a capacidade da sala. 

'Guerras culturais: Xenealoxía afirmativa dun concepto'

O relatorio pon o foco no 'conflito cultural', entendido non tanto como conflito político-ideolóxico, senón como o que se manifesta a través do código de diferenciación política, conservador versus progresista (Luhmann, 1982). O conflito cultural maniféstase como un conflito entre as formas de clasificación -sacro/profano, normal/patolóxico, masculino/feminino, oriente/occidente, branco/de cor, #etc- (Durkheim, 1912; Bourdieu, 1985; Zerubavel, 2018), entre valores (Joas, 1997), entre diferentes sistemas de comprensión moral (Davidson Hunter, 1991, 42), entre posicións enfrontadas sobre o significado de monumentos conmemorativos e estatuas (Tunzelmann, 2021). As guerras culturais farían referencia ás loitas polo monopolio da representación lexítima do mundo na dilucidación normativa de temas polémicos vinculados a valores. Cuestións como o aborto, a eutanasia, a homosexualidade, a educación en valores, a investigación con células nai, a clonación, o creacionismo, a raza, o xénero, a inmigración… irrompen na esfera civil das sociedades avanzadas como paradigmas dunha batalla entre partidarios e detractores de cada unha das decisións lexislativas que incumben a esas temáticas. A cultura pública nesta tesitura consistiría nun conxunto de sistemas clasificatorios complexos de símbolos e significados que constitúen un campo semántico en tensión dinámica permanente (Giesen, 2010: 15) no que está implicada a vida nacional, a identidade nacional, que e quen fun no pasado, que e quen son agora e, por último, pero non menos importante, que e quen aspiro a converternos no futuro. Imos analizar cales son os fitos, as ondas fundamentais e os cambios semánticos que configuran estas guerras culturais ao longo dos últimos 100 anos, a modo dunha xenealoxía social e semántica do concepto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2023.