Ir o contido principal

A chave para a innovación social

I Hackathon Social USC

04.03.2022-05.03.2022 | 16.00h-13.00h

Organizado polo LIESGA, pretende involucrar o estudantado no desenvolvemento de solucións aos retos que se nos plantexan cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

I Hackathon Social USC
I Hackathon Social USC

O Laboratorio Universitario de Innovación e Economía Social de Galicia (LIESGA) bota a andar o I Hackathon Social USC, unha maratón de innovación aberta que busca alcanzar unha meta común de forma colaborativa, nun período curto de tempo. Terá lugar o 4 e o 5 de marzo no Edificio Emprendia do Campus Vida. 

As persoas participantes desenvolverán habilidades transversais, como a innovación e o traballo en equipo ou habilidades dixitais, todas elas competencias chave para futuros postos de traballo.

Calquera estudante da USC con ganas de aprender, compartir coñecementos e aportar valor á sociedade. Non é preciso ter coñecementos específicos nin formar parte de ningún grupo para participar.  Haberá un premio para os dous mellores proxectos.

 

Para poder asistir, é preciso cumprimentar este formulario de inscrición antes do 25 de febreiro. O equipo organizador contactará coas persoas que cursen inscrición para confirmar  a súa participación. 

A actividade está limitada a 24 prazas 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2022.