Ir o contido principal

Ciclo 'Mulleres na Cima'

Hajar Brown: 'Influencer da igualdade'

07.02.2023 | 16.00h

Santiago de Compostela
Aula 7

A actriz e activista Hajar Brown visita a Facultade de Ciencias da Comunicación para conversar sobre igualdade e retos de superación

Hajar Brown: 'Influencer da igualdade'
Hajar Brown: 'Influencer da igualdade'

A Universidade de Santiago de Compostela colabora coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago na organización do ciclo de conferencias 'Mulleres na cina', unha actividade que achegará a sociedade, e en especial á mocidade, a opinión de mulleres líderes en diferentes ámbitos sociais. 

A primeira destas conversas desenvolverase o martes 7 de febreiro a partir das 16 horas na aula 7 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC coa conversa-coloquio `'Influencer da igualdade' da actriz e activista Hajar Brown. O evento, con entrada de balde ata completar capacidade previa inscrición no correo electrónico inscripciones [at] araguaney.com (inscripciones[at]araguaney[dot]com), será presentado pola delegada do reitor para a Igualdade da USC, Marta Pérez Pereiro.

Hajar Brown (Madrid, 1996) é estudante de enxeñaría civil. No mundo da interpretación estreouse como unha das protagonistas da serie SKAM, na que pasou de ser a asesora sobre a súa  personaxe a protagonizala. Realiza traballos de modelaxe e actuació e conta cun perfil de grande influencia en redes sociais, onde comezou a compartira as súas experiencias e as cuestións que a preocupaban como muller española-musulmá ata converterse nunha voz necesaria para moitas persoas que a seguen.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.02.2023.