13.04.2023 | 11.00h
Mesa redonda con Arturo Leyte Coelho, Xesús Vázquez Méndez e Jorge Álvarez Yagüe

O ciclo 'Cultura en Mazarelos' da Facultade de Filosofía da USC programa o xoves 13 de marzo ás 11.00 horas o seminario 'Heidegger e o político', unha mesa redonda que contará coas intervencións de Arturo Leyte Coelho, Xesús Vázquez Méndez e Jorge Álvarez Yagüe.
A sesión, presentada polo decano do centro, Xavier de Donato, e moderada polos profesores Fran Conde e Delmiro Rocha, desenvolverase no Salón de Actos da Facultade e o acceso é libre ata completar a capacidade da sala.