Ir o contido principal

'Burbullas creativas'

Helena Salgueiro interpreta o poema escénico ‘Ferro, federici’ no Lugo Cultural

21.09.2020 / 20.30h

A actuación, cun aforo limitado a 30 persoas, comezará ás 20.30 horas na Casa do Saber. As entradas poden retirarse de balde este xoves, en quenda de 10.00 a 13.00 horas, na Vicerreitoría de Lugo

Helena Salgueiro, en 'Ferro, federici'
Helena Salgueiro, en 'Ferro, federici'

A actriz, creadora escénica, poeta e performance compostelá Helena Salgueiro, presentará este luns 21 de setembro, a partir das 20.30 horas, o poema escénico ‘Ferro, federici’ na Casa do Saber de Lugo no marco das ‘Burbullas creativas’ promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, un programa a prol da cultura e dos novos creadores galegos que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

A peza ‘Ferro, federici’, de 45 minutos de duración, é unha creación baseada nas ideas da feminista Silvia Federici, un poema escénico no que a arte de acción, a poesía e a danza flutúan de xeito visceral, vermello, político, estraño. Trátase dun canto contemporáneo ás bruxas, a unha nova apropiación do sangue, do lume..., segundo a intérprete.

As entrada para poder presenciar a posta en escena de ‘Ferro, federici’ poderán retirarse de balde este xoves 17 de setembro, de 10.00 a 13.00 horas, nas oficinas de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo. O aforo desta función está limitado a un máximo de 30 persoas, a fin de cumprir coa normativa sociosanitaria aplicada por mor da pandemia da COVID-19.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.09.2020.