Ir o contido principal

Seminario de investigación

'Heroe e víctima. O médico rural no discurso corporativo dos médicos no século XIX'

Histagra promove coa colaboración do CISPAC este seminario de investigación da historiadora Darina Martykanova

Seminario de investigación 'Heroe e víctima. O médico rural no discurso corporativo dos médicos no século XIX'
Seminario de investigación 'Heroe e víctima. O médico rural no discurso corporativo dos médicos no século XIX'

A historiadora Darina Martykanova impartirá o vindeiro xoves 19 de xaneiro o seminario de investigación 'Heroe e víctima. O médico rural no discurso corporativo dos médicos no século XIX'. O encontro, promovido polo Grupo Histagra en colaboración do CISPAC, comezará ás 12.00 horas no Seminario 103 do Edificio Fontán.

Darina Martykánová é historiadora especialista na historia das profesións tecno-científicas (enxeñeiros e médicos) e na produción e circulación transnacional de coñecementos técnicos e científicos. Ademais, investiga sobre as masculinidades e o discurso do progreso e da civilización

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2023.