Ir o contido principal

'A Historia das Institucións hoxe. Logros e perspectivas de futuro'

17.10.2023-18.10.2023 | 09.00h

As sesións celebraranse de xeito presencial e a distancia, reservando esta última opción para o alumnado externo á USC

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

Os días 17 e 18 de outubro de 2023, no salón de actos da Facultade de Filosofía, desenvolverase o seminario científico 'A Historia das Institucións hoxe. Logros e perspectivas de futuro'. O encontro está coordinado por María del Carmen Saavedra Vázquez, catedrática de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e membro do GIHM, e María López Díaz, catedrática de Historia na Universidade de Vigo. As sesións celebraranse de xeito presencial e a distancia, reservando esta última opción para o alumnado externo á USC. Os/as interesados/as en asistir a distancia (Microsoft Teams) poden escribir ao enderezo mdelcarmen.saavedra [at] usc.es (mdelcarmen[dot]saavedra[at]usc[dot]es)

No seminario, que está aberto á comunidade investigadora e a outro público interesado, participarán grandes especialistas no eido da historia política, diplomática e militar da época moderna. A matricula é de balde. Neste senso, todos os participantes que asistan, polo menos, a un 80% das sesións poderán obter un diploma de asistencia ao encontro cun valor lectivo de doce horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2023.