Ir o contido principal

Acto institucional

Homenaxe aos Mellores Expedientes de centros de ensino medio de Galicia

23.07.2020 | 17.00h

Salón Nobre

O acto de recoñecemento, organizado pola USC, salienta o estudantado cunha cualificación superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU

Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite

A Universidade de Santiago de Compostela recoñece esta tarde os Mellores Expedientes de centros de ensino medio de Galicia nun acto conmemorativo. Os homenaxeados neste acto son os 362 mozos e 681 mozas que obtiveron unha cualificación superior a 9 na parte obrigatoria da Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU).

Na sesión recollerán os seus diplomas 20 estudantes en representación dos mellores expedientes, que acudiránacompañados de familiares. Os demais homenaxeados estarán presentes de forma virtual mediante unha fotografía, que permitiu xerar as 75 orlas que serán proxectadas durante o acto. Cada un deles recibirá por correo postal nos seus respectivos domicilios o correspondente diploma conmemorativo.

En total, 1.043 estudantes procedentes da Coruña (473), Lugo (160), Ourense (91) e Pontevedra (319) son os destinatarios deste acto de recoñecemento presidido polo reitor da USC, Antonio López. Tamén asistirán Xosé Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela; Olga López Racamonde, concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade do Concello de Lugo; Mar Lorenzo Moledo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos; Montserrat Valcárcel Armesto, vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo; e Celso Rodríguez Fernández, delegado do Reitor para o Ensino Medio.

Participarán tamén coas súas intervencións Eva Sanmartín Vázquez, estudante do IES Basanta Silva de Vilalba, en representación do estudantado;  e Manuel Portas Fernández, director do IES Arcebispo Xelmirez I de Santiago de Compostela, en representación dos centros de Ensino Medio de Galicia.

O acto poderá seguirse en streaming a través da canle de YouTube da USC a partir das 17.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.07.2020.