Ir o contido principal

Homenaxe 'in memoriam' á catedrática Carmen Cadarso Suárez

19.01.2023 | 15.30h-19.30h

Santiago de Compostela
Salón de actos

A Rede Nacional de Bioestatística e a USC renden homenaxe a Carmen Cadarso Suárez, quen fora catedrática do departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización e investigadora adscrita ao CITMaga

Homenaxe a Carmen Suárez Cadarso
Homenaxe a Carmen Suárez Cadarso

O reitor Antonio López presidirá o xoves 19 de xaneiro o acto de homenaxe á catedrática Carmen Cadarso Suárez. O evento arrancará ás 15.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía, nunha sesión inaugural que contará coas intervencións de Guadalupe Gómez Melis, da Universitat Pompeu Fabra e representante de Biostatnet; Julián Álvarez Escudero, decano da Facultade de Medicina; Rosa Mª Crujieiras Casais, directora do CITMaga; David Conesa, integrantes da Universitat de Valencia e coordinador de Biostatnet. 

A seguir, sucederanse diversas conferencias que explorarán a traxectoria de Carmen Cadarso, primeiramente en Biostatnet, coas intervencións de Guadalupe Gómez Melis (UPC) e Ana Bouzas Lorenzo (USC); despois na contorna investigadora europea, con Bruno de Sousa (Universidade de Coímbra), Thomas Kneib (Universidade de Gottingen) e Christel Faes (Univerisade de Hasselt). O acto afondará na relación de Cadarso Suárez co alumnado de doutoramento, nunha sesión coa participación de Javier Roca (Universidade de Vigo), Luís Filipe Meira Machado (Universidade do Minho), Mar Rodríguez Girondo (LUCM), Elisa Duarte (OCDE) e Óscar Lado Baleato IDIS); e nos seus traballos no cambio da Biomedicina, con Francisco Gude Sampedro (IDIS). 

Finalmente, David Conesa Guillén oficiará a clausura do evento, que pechará con música coral. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.01.2023.