Ir o contido principal

Acto institucional

Homenaxe póstuma ao profesor José Luis Gómez Amoza

09.07.2021 | 10.30h

Aula de Graos

José Luis Gómez Amoza formou parte do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC

Laboratorio. Foto: Santi Alvite
Laboratorio. Foto: Santi Alvite

O 9 de xullo celebrase o acto de homenaxe ao profesor do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, José Luis Gómez Amoza, no que terá lugar a imposición, a título póstumo, da Insignia Pro-Meritis da Facultade de Farmacia da USC.

O evento comezará na Aula de Graos da Facultade de Farmacia, onde terá lugar a entrega da Insignia de Ouro da Facultade de Farmacia, a título póstumo, e contará coa participación do reitor, Antonio López; o decano da Facultade, Francisco J. Otero; a directora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia Tecnoloxía Farmacéutica, Dolores Viña; e o representante do grupo de investigación I+D Farma, Ángel J. Concheiro.

A continuación, constituirase a mesa 'Profesor Dr. D. José Luis Gómez Amoza: In memorian', que contará coa participación de Ramón Martínez, catedrático de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, ex-director do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica e director da tese do profesor Gómez Amoza; Maribel Cadavid, catedrática de Farmacoloxía e profesora emérita do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica; José Fariña, catedrático de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidad de La Laguna; José Manuel Leiro Vidal, catedrático de Parasitoloxía; e familia do homenaxeado.

Para clausurar o acto, proxectaranse unhas imaxes elaboradas por Carmen Remuñán, profesora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.07.2021.