Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdade)

O ciclo 'Debates sobre a crise (e reacción) das masculinidades dominantes' acolle o vindeiro 4 de novembro o faladoiro 'Os homes e a masculinidade hexemónica. Unha revolución pendente', que se celebrará de xeito telemático a través de Microsoft Teams.
Nel intervirán Patricia Hernández del Rosal, especialista en atención ás vítimas de violencia de xénero da Asociación Masculinidades Beta, coa ponencia 'Perspectivas do traballo cara á igualdade e as súas limitacións'; e Miguel Lázaro, especialista en masculinidades da Asociación Masculinidades Beta e MenEngage Iberia, coa ponencia 'Involucrar aos homes na súa transformación individual e colectiva'. Jorge García Marín, do CIFEX da USC, será o moderador da sesión.
A inscrición pode formalizarse na seguinte ligazón. As persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo de asistencia.