10.06.2021 | 17.00h
Evento organizado pola Cátedra Iberoamericana da USC no marco da Axenda 2030

O próximo 10 de xuño de 2021 ás 17.00 horas (España) terá lugar clausura do ciclo de conversas iberoamericanas do curso 2020-2021, coa charla 'Iberoamérica: a recuperación económica tras a COVID-19'.
Paticiparán Rebeca Grynspan, secretaria Xeral Iberoamericana; Antonio López, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; Enrique Barón, chanceler da Universidade para a Paz; e María Cadaval, directora da Cátedra Iberoamericana.
O evento poderá seguirse a través da plataforma Zoom na seguinte ligazón.