14.09.2022 | 11.00h-13.00h
Organizado polo proxecto de investigación 'Voces, Espazos e Representacións Femininas na lírica Galego-Portuguesa' (PID2019-108910GB-C22) e polo grupo de investigación Románicas

A Facultade de Filoloxía acolle o mércores 14 de setembro un seminario sobre iconografía trobadoresca e lírica galego-portuguesa. A actividade desenvolverase no Salón de Graos do Centro a partir das 11.00 horas e contará coas intervencións de María Ana Ramos (Universidade de Zurich) e Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas-Brasil)
O encontro está organizado polo proxecto de investigación 'Voces, Espazos e Representacións Femininas na lírica Galego-Portuguesa' (PID2019-108910GB-C22) e polo grupo de investigación Románicas (GI 1350)