Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Cal é a verdadeira identidade de cada un? É algo herdado ou unha construción persoal? Que ten que facer unha persoa cos seus actos, “seguir a corrente” da tradición sen máis, “elixir as mellores posibilidades” que o entorno social lle propón, ou erixirse en “creador de valores”? Que é a identidade dixital? Como nos afecta? Que datos dixitais debemos protexer para poñer a salvo a identidade persoal?. A estas e outras preguntas darase resposta neste curso da Universidade de Verán.
Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 28 de xuño ao 8 de xullo.
A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.
As prazas están limitadas 25 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 18 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.