22.11.2024 | 16.30h
Casa do Saber

A segunda edición do Encontro Alumni USC desenvolverase o vindeiro 22 de novembro na Casa do Saber de Lugo a partir das 16.30 horas. Ao acto inaugural, presidido polo vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, seguiranlle mesas redondas sobre éxito empresarial e emprendemento universitario na capital lucense, xunto co relato da experiencia de Alumni USC en Lugo.
A Asociación de antigos alumnos e alumnas, amigos e amigas da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) inclúe non só as persoas que estudaron na USC hai moitos anos ou recentemente, senón tamén o estudantado actual e todas aquelas persoas que desexen estar vinculadas á USC.
