A Asociación NEXOS de Didáctica da Filosofía en colaboración coa Facultade de Filosofía organiza entre os días 19 e 22 de novembro o II Encontro Didáctica da Filosofía, que se desenvolverá no Salón de Actos do centro.
O mércores día 19 ás 18:00 terá lugar a primeira actividade, ‘Cine-Filo, unha práctica filosófica aberta ao espazo cidadán’, no marco do Ciclo de Cinema Filosófico, con Rémy David (Collège International de Philosophie) e Xavier de Donato, decano da facultade.
O xoves 20 ás 12:30 horas, o profesor Rémy David impartirá, no marco das Conferencias Mazarelos, o relatorio ‘A filosofía na cidade’. Xa os días 21 e 22 terán lugar unha serie de relatorios e mesas redondas sobre didáctica da filosofía nos que participarán Rémy David, Domingos Faria, Miguel Ángel Martínez Quintanar, Isabel Bernardo e Elisete Tomazetti. Os temas abordarán o pensamento filosófico na tradición lusófona, o canon académico e o uso dos novos medios dixitais no ensino da filosofía.