Dirixido ao estudantado de Matemáticas
A Facultade de Matemáticas acolle o venres 25 de marzo, das 11.00 ás 19.00 horas o II Encontro de Orientación Laboral para estudantes desta disciplina.
A sesión da mañá incluirá unha conferencia para a composición de currículos eficaces da man de M. Purificación Torrente Sánchez, integrante da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC. A seguir, Leovigildo Alonso Tarrío (coordinador do Máster Universitario en Matemáticas), Julio González Díaz (coordinador do Máster Universitario en Técnicas Estatísticas), e María Elena Vázquez Cendón (coordinadora do Máster Universitario en Matemática Industrial), procederán á presentación dos mestrados do centro.
Na sesión da tarde, figuras responsables de distintas empresas e entidades como ECOMT, Clinipace, DataSpartan e SDG Group, explicarán ao estudantado participante os criterios de valoración de graduadas e graduados e as tarefas que desenvolven.
Estas xornadas poderanse seguir de maneira presencial na Aula Magna da Facultade de Matemáticas ou de maneira virtual a través de MS Teams empregando as ligazóns que figuran baixo este texto.