Ir o contido principal

II Foro de Empresas EQ-ETSE

25.11.2022

Promotivo pola Escola Técnica de Superior de Enxeñaría

Escola Técnica de Superior de Enxeñaría da USC. FOTO: Santi Alvite
Escola Técnica de Superior de Enxeñaría da USC. FOTO: Santi Alvite

O vindeiro 25 de novembro de 2022 vaise celebrar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC a 2ª Edición do Foro de Empresas EQ-ETSE., na que participarán entidades como Alcoa, Ecolagunas S.L., Energal, H&A, Icoda, Mestrelab, Queizuar, Reganosa, Repsol, Segula ou Ten, e outras moitas.

O obxectivo do foro é poñer en contacto as empresas, potenciais empregadoras, co alumnado de grao ou máster en Enxeñaría Química da ETSE, e outros mestrados cos que se relaciona e que se imparten nas Facultades de Física, Química, Matemáticas e Ciencias Económicas.

O foro constará de sesións durante a mañá, de presentacións curtas por parte de representantes das empresas,  e coa presencia destas en postos distribuídos ao longo de todo o día polos espazos comúns do centro.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.11.2022.