
O II Foro de Enxeñeiras desenvolverase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) este xoves 14 de marzo de 11.30 a 18.00 horas. Trátase dunha xornada formativa enfocada ao intercambio de experiencias e coñecementos técnicos, na cal serán relatoras de diversas áreas profesionais da Enxeñería. As ponencias plenarias, a partir das 15.30 horas, abordarán o futuro da enerxía e o dos produtos biofarmacéuticos.
A actividade resalta o papel fundamental das mulleres na Industria, dándolles un espazo de debate e exposición de ideas para conectar cun público na súa maioría en proceso de formación. O Foro conta coa colaboración da Cátedra Institucional de Transición Enerxética GENESAL Energy-USC e con patrocinios de diversas empresas, tanto galegas como de ámbito estatal e multinacional.
