Venres 13 ás 16.00 horas
Hotel Monumento San Francisco
Na clausura abordarase a investigación nestas enfermidades, a súa nova clasificación, e os tratamentos actuais dispoñibles
Esta fin de semana celébrase o acto de clausura do II Máster en Enfermidades Metabólicas Hereditarias realizado pola Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración de Sanofi Genzyme. Nesta xornada, varios profesionais de toda España debaterán sobre a importancia de seguir formando aos profesionais da saúde en enfermidades raras, poñendo especial énfase nas diferentes perspectivas de cada especialidade por exemplo a visión do pediatra, do internista ou do farmacéutico, ofrecendo unha visión multidisciplinar á hora de tratar as enfermidades metabólicas hereditarias.