18.02.2020 | 20.30h
Hotel Hesperia Peregrino
O II Maxistral Cidade de Compostela seguiu ao longo dunha semana a súa filosofía de impulsar os máis prometedores xogadores galegos para darlles a oportunidade de acadar as normas de Mestre Internacional e Grande Mestre Internacional.

O acto de clausura do torneo desenvolverase este martes 18, a partir das 20.30 horas, no Hotel Hesperia Peregrino.
Ademais do vicerreitor de Estudantes e Internacionalización da USC, Víctor Arce, estarán presentes no acto o alcalde Xosé Sánchez Bugallo, o presidente de Caixa Rural de Galicia Manuel Varela, e o xerente de Galicia Calidade Alfonso Cabaleiro.