Ir o contido principal

II Roteiro Científico da asociación AgroMar

11/11/2023 - 9.30 horas

Facultade de Veterinaria (Lugo)

As investigadoras Susana Remesar e Esperanza Álvarez achegarán coñecemento científico ao longo dunha camiñada gratuíta que se desenvolverá este sábado, a partir das 9.30 horas, pola ruta da Fervenza

Cartaz informativo da expedición
Cartaz informativo da expedición

A asociación de persoal investigador do Campus Terra da USC AgroMar celebra este sábado 11 de novembro o segundo Roteiro Científico, unha actividade lúdica de carácter gratuíto para todo o público interesado, durante a que Susana Remesar, investigadora do grupo INVESAGA, e Esperanza Álvarez, catedrática e investigadora do grupo UXAFORES, achegarán aos participantes coñecementos científicos relacionados coa contorna.

O II Roteiro Científico descorrerá pola ruta da Fervenza, que parte desde as inmediacións da capital luguesa cara ao Corgo. A cita é aberta, pero cómpre formalizar inscrición previa na ligazón xa accesible en liña. A saída está prevista ás 9.30 horas, fronte á entrada principal da Facultade de Veterinaria, desde onde partirá un autobús coas persoas inscritas, que, ao remate da xornada matinal, poderán degustar uns petiscos.

Cartaz do II Roteiro Científico de AgroMar
Cartaz do II Roteiro Científico de AgroMar
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2023.