Ir o contido principal

Seminario

II Seminar Day | Día de Parolada do CISPAC

17.11.2022 | 09.40h-13.00h

O grupo HISTAGRA presenta as súas liñas de traballo no CISPAC

Día de Parolada do CISPAC
Día de Parolada do CISPAC

O xoves 17 de novembro celébrase o II Seminar Day do CISPAC, no que se presentarán as liñas de traballo do Grupo HISTAGRA: O proxecto 'Novos modelos de hortas en Lugo e a súa contorna: saberes agroecolóxicos, seguridade alimentaria e resiliencia local', do que é IP Ana Cabana Iglesia, e a Estratexia Alimentaria Participativa do Eo – Eo Alimenta, alén do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, do que é IP Lourenzo Fernández Prieto. Ademais, tamén se presentará a liña de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) da Universidade da Coruña.

Baixo o título 'Territorios, saberes e resilencias para un manexo produtivo e sustentable', os investigadores do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, Ana Cabana Iglesia e David Fontán Bestilleiro, presentarán as investigacións que se están a desenvolver nos proxectos sobre as hortas en Lugo e a súa contorna, a estratexia Eo Alimenta que foi renovada recentemente e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza tamén renovado para 2023.

O encontro desenvolverase das 09.40 ás 13.00 horas no Seminario 103 do CISPAC, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.11.2022.