Ir o contido principal

II Seminario 'Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna'

12.05.2023 | 09.15h-14.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Trátase dun encontro promovido polo Grupo de investigación Historia Moderna da USC

II Seminario 'Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna'
II Seminario 'Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna'

O II Seminario 'Os sons do poder. Música e guerra na España Moderna' desenvolverase o venres 12 de maio de 2023 das 9.15  ás 14.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. 

Promovido polo Grupo de investigación Historia Moderna da USC (GI-1921) e coordinado polo profesor Roberto J. López López, reunirá especialistas de diferentes disciplinas para afondar na relación entre a música, poder e conflito bélico na época Moderna, nunha xornada que contará coas intervencións de Alfonso Vicente Delgado, do Conservatorio Profesional de Música de Madrid, Carlos González Ludeña, investigador da Universidade de Salamanca e da Universidade Complutense de Madrid, Javier Marín-López, Virginia Sánchez-López e Isabel Arraya Herrera, integrantes da Universidade de Xaén, e de Carlos Villanueva Abelairas, da Universidade de Santiago de Compostela. 

As sesións poderán seguirse de xeito presencial ou a distancia -esta opción está aberta ao estudantado de fóra da USC e/ou do mestrado universitario Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII-, previa inscrición e solicitude da ligazón. As inscricións son gratuítas e só requiren remitir un correo electrónico, indicando nome e estudos (grao, mestrado e doutoramento)  da persoa que desexa matricularse ao enderezo anam.sixto [at] usc.es (anam[dot]sixto[at]usc[dot]es).

O Seminario está recoñecido con 5 horas lectivas para o estudantado do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC. Do mesmo xeito, entregarase diploma de asistencia ao estudando dos mestrados Historia Moderna: Monarquía de España. Séculos XVI-XVIII e Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte, previa inscrición antes do 11 de maio de 2023. Só se entregará certificado a quen participe en todas as sesións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2023.