Ir o contido principal

II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

09.10.2023 | 09.30h-18.30h

Santiago de Compostela

O Instituto da Lingua Galega da USC e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro organizan este encontro

Cartel da xornada
Cartel da xornada

A II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. Organizada polo Instituto da Lingua Galega da USC e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro desenvolverase o 9 de outubro de 2023 na Facultade de Filoloxía.  O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación. As propostas poden abordar tanto a variación interlingüística coma intralingüística.

 

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2023.