Ir o contido principal

II Xuntanza de investigador@s nov@s no ámbito da Química (XINQ_2)

Do 25 ao 26 de xaneiro

Santiago de Compostela

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química organiza este encontro co apio do Servizo de Normalización Lingüística da USC

II Xuntanza de investigador@s nov@s no ámbito da Química (XINQ_2)
II Xuntanza de investigador@s nov@s no ámbito da Química (XINQ_2)

Do 25 ao 26 de xaneiro, a Facultade de Química da USC acollerá a II Xuntanza de investigador@s nov@s no ámbito da Química, un encontro organizado pola Comisión de Normalización Lingüística do centro co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC. 

A presentación do encontro, programada ás 9.00 horas, contará coa presenza do decano Jesús Sanmartín Matalobos, de Manuel Núñez Singala, director do Servizo de Normalización Lingüística, e de José Benito Quintana Álvarez (coordinador do Comité Científico da XINQ_2).

Ao longo de dúas xornadas desenvolveranse oito sesións de comunicacións presentadas por estudantes de doutoramento e de mestrado no ámbito da Química. 

O xoves 26 ás 12.30 horas terá lugar a votación das mellores comunicacións e ás 13.00 procederase á entrega de premios. Manuel Núñez Singala e Carlos Vázquez Vázquez  (membro do Comité Científico da XINQ_2), serán os encargados de oficiar o acto de clausura a partir das 13.15 horas. 

 

Cartel da actividade
Cartel da actividade
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.01.2023.